Nove entidades de Ferrol recibirán 143.000 euros para accións de reactivación económica

As axudas enmárcanse dentro do programa "Ferrol, Cidade Viva", posto en marcha polo goberno local
ferrolcomercio

O Concello de Ferrol vén de adxudicar as subvencións municipais destinadas a actividades de reactivación e promoción económica, no marco do programa ‘Ferrol, Cidade Viva’, das que se beneficiarán un total de nove asociacións da cidade por un importe total de 143.163 euros.

Son as entidades Centro de iniciativas turísticas, económicas e sociais de Ferrol; Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal (Cofer); a Asociación Multisectorial Ultramar Village; Asociación de Empresarios de Hostalería de Ferrol e Comarcas; Asociación de Empresarios, Comerciantes e Hostaleiros de Catabois (Echo Catabois); Asociación de Xóvenes Empresarios de Ferrolterra (AJE Ferrolterra); ACOF-Centro Comercial Aberto Ferrol-A Magdalena; Asociación de Empresarios de Ferrolterra (AEF) e a Asociación Profesional de Vendedores do Mercado das Casas Baratas de Ferrol.

Cada entidade recibe un máximo e 25.000 euros para cubrir ata o 80 % do orzamento de gastos subvencionables. Están divididas en tres liñas. A primeira delas está destinada a actividades de dinamización da oferta comercial, hostaleira e dos mercados, co que se pretende estimular a compra no comercio local, a consolidación do sector hostaleiro e a súa revitalización e modernización a través de novas formas de venda e promoción, así como o apoio á revitalización dos mercados municipais como referente do comercio de proximidade.

A segunda ten como obxectivo as actividades de promoción e comercialización das capturas pesqueiras e marisqueiras co obxecto de promover o produto autóctono, a súa distribución e o seu consumo local. Finalmente, a terceira liña dedícase a actividades de fomento do emprendemento así como a formación e asesoramento de iniciativas.

A cidade promociona os seus negocios locais

‘Ferrol Cidade Viva’ é un plan deseñado polo Concello de Ferrol co fin de dar “impulso aos emprendedores locais” e “potenciar e dinamizar a economía da nosa cidade”, explicou a edil de Promoción Económica María Teresa Deus. Ademais de formación e asesoramento individualizado, actualmente os negocios participantes no programa están a desenvolver ata o 4 de novembro unha gran promoción que inclúe máis de 10.000 euros en premios directos entre os clientes que gafan uso da aplicación ‘D`compras por Ferrol’ e o sorteo de tres Apple Watch, dos que xa se entregou un.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.