O Concello de Ferrol poñerá en marcha unha Escola de Familias para previr as adiccións entre menores

Estará aberta a pais e nais dos centros escolares co fin de abordar as adiccións ás drogas legais, ás ilegais, ás novas tecnoloxías e, por último, ao xogo e apostas
adicciones-custodia-compartida
PUBLICIDAD

O Concello de Ferrol vén de iniciar os trámites para poñer en marcha unha Escola de Familias co obxectivo de loitar contra as adiccións entre a mocidade, tal e como anunciou esta mañá a concelleira de Benestar Social, Eva Martínez Montero, tras manter no día de onte unha reunión de traballo coas direccións das asociacións implicadas nesta iniciativa, Ex-alcohólicos e Asfedro (Asociación Ferrolana de Drogodependencias).

A futura Escola municipal de Familias forma parte das accións impulsadas polo Grupo de Traballo de Infancia, Familia e Adolescencia de Ferrol, posto en marcha polo Concello hai agora un ano e do que forman parte as entidades Aspaneps, Ex-alcohólicos, Acción Familiar, Teima Down, Secretariado Gitano, Dignidad, Proinfancia, Asfedro e Ingada.

Martínez Montero explicou que a nova escola estará aberta a pais e nais dos centros públicos e concertados da cidade co fin de abordar as adiccións en catro bloques: ás drogas legais, ás ilegais, ás novas tecnoloxías e, por último, ao xogo e apostas. A formación sobre os dos primeiros correrá a cargo dos expertos da asociación Ex- alcohólicos e as outras dous impartiranse polos de Asfedro.

A nova Escola de Familias terá a súa sede nunha instalación municipal e desde a concellería de Benestar xa se iniciaron os trámites para deseñar a programación da formación que recibirán os proxenitores. Nos próximos días, o departamento que dirixe Martínez Montero comunicará aos centros escolares da cidade e ás anpas o contido da iniciativa.

A edil manifestou a seu agradecemento ás dúas entidades coas que se desenvolverá a iniciativa posto que “levan anos acreditando a súa solvencia tanto na atención aos usuarios como na formación, información e prevención das adiccións”. Neste punto manifestouse “moi satisfeita” dos resultados da “coordinación” do Grupo de Traballo de Infancia, Familia e Adolescencia do Concello, “moi preocupado polo aumento das adiccións entre a nosa mocidade”, manifestou.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.