Os bombeiros de Ferrol rescatan a dúas mulleres atrapadas nas súas vivendas

Unha intervención tivo lugar na rúa do Alcalde Quintanilla Martínez e a outra na do Exército Español
bomberos (2)
PUBLICIDAD

Os bombeiros de Ferrol rescataron esta semana a dúas mulleres que quedaran pechadas no interior das súas vivendas e, debido a problemas de saúde, non eran quen de chegar á porta para que os servizos de emerxencias puidesen entrar a atendelas. O primeiro dos incidentes produciuse o mércores 21, pouco antes do mediodía, nun piso da rúa do Alcalde Quintanilla Martínez. Foron axentes da Policía Nacional os que reclamaron axuda para poder acceder ao domicilio dunha persoa de idade avanzada.

A dotación que se desprazou ao lugar optou por despregar unha escada e entrar por unha fiestra. Fixérono dous bombeiros, que atoparon á muller sentada no chan sen poder moverse. Tiña moito frío, polo que optaron por deitala nunca cama e tapala con mantas, á espera da ambulancia que reclamaron para que fose atendida. Os axentes do Corpo Nacional de Policía fixéronse cargo da situación e o equipo do servizo contraincendios regresou á base.

O outro rescate levouse a cabo ao día seguinte na rúa do Exército Español. Eran cerca das catro e media da madrugada cando os bombeiros foron alertados de que unha persoa se atopaba en dificultades no interior dunha vivenda e era necesaria a súa intervención para poder acceder a ela. Xa no lugar o equipo, procedeuse á apertura da porta mediante unha lámina de plástico. Unha muller estaba sentada no chan do corredor, sen forzas para poder erquerse, aínda que estaba consciente. Inmediatamente se fixeron cargo dela os sanitarios que tamén acudiran ao lugar.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.