O goberno local de Narón respaldou a concentración reivindicativa dos sanitarios de atención sanitaria

Os facultativos reclaman á Xunta máis transparencia informativa sobre a Covid-19, incrementar o orzamento sanitario ou repoñer recursos
Concentración Praza de Galicia

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, o voceiro de TEGA, Román Romero, e outros edís do grupo de goberno secundaron este mediodía, ás 12.00 horas, a concentración que tivo lugar na Praza de Galicia para reivindicar máis persoal e recursos nos centros sanitarios. Con carteis nos que se podía ler “Non podemos máis” representantes sanitarios do centro de saúde do Alto denunciaron a situación que están atravesando debido á crise da Covid-19 e ás dificultades coas que se atopan no día a día para poder desenvolver o seu traballo nas condicións óptimas.

A rexedora local trasladou o seu apoio e o do goberno local naronés ao colectivo e anunciou que no pleno que se celebrará este xoves se abordará unha moción dos grupos municipais Terra Galega, PSOE e BNG en apoio aos acordos da plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia e para a mellora dos servizos da sanidade pública en Narón e na área sanitaria de Ferrol.

Entre as medidas que se reclaman da administración autonómica están ter acceso a unha información transparente sobre a pandemia, incrementar o orzamento sanitario, repoñer recursos que foron suprimidos en Atención Primaria, aumento de persoal… anunciando que se solicitará unha entrevista co Conselleiro de Sanidade para plantexarlle estes e outros asuntos.

No referente á cidade, Ferreiro explicou que tamén a través desta moción se insta á Xunta de Galicia a solucionar o problema da Praza de Galicia para poder acceder ao centro de saúde, evitando aglomeracións de persoas no exterior do edificio á espera do seu turno e reforzar a atención telefónica na cita previa e no PAC de Narón.

“Son vellas reivindicacións das nosas veciñas e veciños e que contan con todo o respaldo do goberno local, que en reiteradas ocasións lle trasladou, sen éxito, estas demandas a representantes da Área Sanitaria”, asegurou a alcaldesa. Así mesmo, en canto a Narón reclamarase á Xunta unha Unidade de Psicoloxía clínica para o novo centro de saúde e un servizo permanente de Cirurxía vascular na Área Sanitaria de Ferrol.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.