Advirten de varios intentos de estafa en Pontedeume aproveitando a crise do Covid

Unha empresa fraudulenta está chamando e visitando aos veciños en nome do Concello para ofrecerlles material de protección. O goberno local xa advertiu de que é un timo e pediu que non se dea ningún dato persoal
muelle pontedeume (5)

O goberno local de Pontedeume advertiu onte da existencia dunha estafa que se está levando a cabo no concello aprobeitando a pandemia do coronavirus e onde os estafadores involucran ademais ao Concello. Algúns veciños e veciñas están a recibir chamadas telefónicas e visitas dunha organización fraudulenta que afirma que, coa colaboración do concello, pasará polos seus domicilios para facer unha enquisa de saúde relacionada coa Covid-19 e deixar material de protección como luvas, máscaras ou hidroxel.

Pero desde o Concello afirman que eles non colabora nin teñen constancia de ninguna enquisa, polo que piden á veciñanza que non faga caso destas chamadas e, en todo caso, confirme sempre antes de dar ningún dato a súa veracidade. «Lamentamos este tipo de conductas, que xa están en mans das forzas de seguridade para a correspondente investigación», explicaron desde o goberno local.

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.