As Pontes porá en marcha un protocolo Covid para os días de Todos os Santos e Defuntos

O goberno pontés amplía os horarios de visita aos cemiterios de 09:00 a 20:00 horas e establece un máximo de 4 persoas por grupo de visitas e unha duración de 30 minutos
Alimpadoiros

O Concello das Pontes, con motivo da celebración das festividades de Todos os Santos e Defuntos, porá en marcha un protocolo Covid para garantir a seguridade da veciñanza. Así, co obxectivo de evitar aglomeracións, durante toda a fin de semana, os cemiterios municipais ampliarán os seus horarios de 09:00 a 22:00 horas para, deste xeito, poder espaciar as visitas e evitar as aglomeracións.

Con esta mesma finalidade, establécese un máximo de 4 familiares ou persoas conviventes por grupo de visita e as visitas non deberán superar os 30 minutos de duración, sempre respectando o aforo máximo de cada camposantos, fixado nunha persoa por cada catro metros cadrados.

A Policía Local e Protección Civil encargaranse do control dos aforos e do cumprimento destas medidas, sendo “imprescindible a colaboración cidadá para lograr que ambas xornadas se poidan desenvolver sen incidentes e con seguridade” apunta o concellerio de Seguridade Cidadá, José Ramón Alonso.

O Concello tamén organizará a circulación das persoas dentro dos cemiterios establecendo circuítos diferenciados de entrada e saída e porase á disposicion de todas as persoas visitantes dispensadores con xel hidroalcólico á entrada do cemiterio, reforzándose tamén o servizo de limpeza durante as dúas xornadas.

Asemade, procederase á instalación de cartelería na que se lembrará a importancia da hixiene de mans, o uso de máscaras, así como o mantemento das medidas de distanciamento interpersoal, información sobre os horarios de apertura, a limitación de aforos e as limitacións da duración das visitas.

O edil fai un chamamento especial a todos os veciños e veciñas, para que cumpran estritamente as medidas sanitarias establecidas e ademais pide á veciñanza que, na medida do posible, realicen con anterioridade á fin de semana as tarefas de limpeza como medida adicional preventiva para evitar aglomeracións.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.