O Aula Cemit de Xuvia acollerá tres novos cursos formativos en novas tecnoloxías

Serán entre novembro e decembro e as prazas cubriranse por rigoroso orde de inscrición
barreiros-cursoaulacemit

A concelleira de Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, anunciou a apertura do prazo de inscrición, a partir desta noite –ás 00.00 horas- do prazo de inscrición en tres accións formativas que se impartirán entre os meses de novembro e decembro na Aula Cemit de Xuvia. As persoas interesadas en anotarse –están abertas á cidadanía en xeral- deben facelo na plataforma Cemit, a través do enlace: https://cemit.xunta.gal/es/centro/48.

Os cursos que se impartirán son: «Preparación para o CODIX» (120 horas), do 9 de novembro ao 22 de decembro, entre as 09.30 e as 13.30 horas; «Trámites en Sede Electrónica» (28 horas), do 9 ao 17 de novembro, de 16.00 a 20.00 horas e «Ofimática básica» (92 horas), do 18 de novembro ao 22 de decembro, entre as 16.00 e as 20.00 horas.

A concelleira de Formación informou que cada unha destas accións formativas se dirixe a un máximo de nove persoas, polo que as prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición. Ao anotarse na plataforma Cemit recíbese unha mensaxe de admisión, se ben a partir da número nove (superando a oferta) considéranse como reservas, polo que poderán realizar o curso no caso de que algunha das persoas que se anotou con anterioridade cause baixa e así se lle comunicaría á persoa que pasase a ocupar a praza.

O  Concello continúa sendo recoñecido como Aula de Referencia pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia debido á elevada actividade que se desenvolve nestas instalacións ao longo do ano, tal e como recordou a concelleira de Novas Tecnoloxías, que animou á veciñanza a anotarse nesta nova convocatoria formativa.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.