Ferrol pon en marcha o dispositivo de tráfico para o día de Defuntos con máis precaucións ca nunca

Protección Civil participa por primera vez para garantir que se cumplen estritamente tódalas medidas sociosanitarias
1 (1)
PUBLICIDAD

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil participa esta fin de semana no servizo especial de tráfico no cemiterio municipal de Catabois. É a primeira vez que intervén no dispositivo para estas datas e faino no horario de maior afluencia para colaborar coa Policía Local na organización dos visitantes.

Dita medida responde á unha decisión adoptada desde a concellería de Seguridade, que dirixe Germán Costoya, co fin de “incrementar a seguridade de todos os asistentes ao cemiterio con motivo da celebración de Defuntos e Todos os Santos”, datas nas que a afluencia de persoas ao recinto municipal experimenta un gran incremento. Ademais de dez efectivos de Protección Civil, dos que tres son técnicos sanitarios, a agrupación de voluntarios conta cunha ambulancia e un vehículo de intervención rápida (VIR) en Catabois.

Como cada ano, está restrinxido o estacionamento na estrada de Catabois, no tramo entre a glorieta da Residencia e a entrada ao cemiterio, posto que se utiliza toda a calzada para habilitar un carril central de xiro e evitar así retardar o tráfico de saída. A parada de autobuses, que da servizo aos usuarios do cemiterio, faise na estrada de Catabois, antes dos pasos de peóns. Ademais, o camiño da Pega está en sentido único en dirección ao hospital naval.

A edil de Servizos, Ana Lamas, revisou esta mañá no cemiterio municipal como están funcionando as medidas de prevención que puxo en marcha o seu departamento de cara esta fin de semana e aproveitou para lembrar á cidadanía a necesidade de respectar as medidas de seguridade e protección establecidas no recinto.

Bando do alcalde

Todas as normas establecidas pola Administración local para as visitas destes días están recollidas nun bando ditado polo alcalde. Entre outras medidas, establece que o horario para visitas os días 30, 31 de outubro e 1 e 2 de novembro será de 09.00 a 20.30 horas. As empresas de florería, e co obxecto de facilitar o seu traballo, poden acceder ata o día 1 de novembro dende as 07.30 ata as 09.00 horas.

A Policía Local controla o aparcadoiro para evitar as aglomeracións de persoas e est permanentemente no interior do recinto para garantir o cumprimento das normas. Non poden acceder aquelas persoas que teñan síntomas de covid-19, estean en corentena, illamento ou teñan contacto con persoas nas ditas situacións.

Organízase a circulación de persoas dentro do cemiterio establecendo circuítos diferenciados de entrada e saída. Hai unha única porta de acceso e outra distinta de saída (nas portas laterais), que se atopan debidamente sinalizadas e provistas de dispensadores de hidroxel. O portón principal de entrada permanece pechado e o acceso queda limitado ás funerarias, cortexos fúnebres e persoal autorizado polo encargado ou polo persoal do cemiterio para labores de mantemento do mesmo ou o acceso de vehículos, entre outros, baixo a supervisión do persoal municipal.

Catro persoas por grupo de visitas

Aos efectos de evitar o contacto físico entre os visitantes, o bando establece un aforo máximo dunha persoa por cada catro metros cadrados de espazo computable de superficie do recinto, limitándose un máximo de catro persoas por grupo de visitas do mesmo grupo familiar ou conviventes. A duración das visitas debe ser o máis breve posible e en ningún caso superior a 30 minutos.

Co fin de garantir o mantemento da distancia de seguridade interpersoal, en ningún momento poden coincidir distintos grupos de persoas se as sepulturas ou nichos non distan entre elas a lo menos dous metros, en cuxo caso deben esperar a que se poida cumprir a distancia de seguridade. Establécense varios puntos nos que se poden recoller as escadas, que deben depositarse no mesmo punto logo do seu uso, para a súa correspondente desinfección polo persoal do cemiterio.

Ademais, as persoas que acudan de visita deben ir provistas de todo o material e útiles que consideren precisos para a limpeza e ornato do lugar obxecto da súa visita (xerras, cubos, panos, vasoira, etc). Hai puntos de auga habilitados para uso exclusivo do cemiterio (non para consumo humano).

Cumprimento das medidas de protección

Está permitido o uso dos aseos, respectando as normas de aforo e na medida do posible deberase evitar tocar, por exemplo, portas, pomos e billas. Deben cumprirse en todo momento as normas e recomendacións hixiénico-sanitarias ditadas, en cada caso, polo Ministerio de Sanidade ou organismo equivalente, como o uso de máscaras, distancia de seguridade e hixiene de mans. En calquera caso, debe atenderse ás indicacións que, segundo estime oportuno, realice o persoal do cemiterio aos efectos de garantir a apertura do mesmo en condicións de seguridade e saúde.

 

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.