O BNG de Ferrolterra e os responsables da estación de bioloxía mariña da Graña analizan a situación da ría

Os expertos creen que a falla de producción de ameixa nos bancos marisqueiros da zona é un problema multifactorial que require estudos de diversa tipoloxía
Visita Estación de Bioloxía 1
PUBLICIDAD

O Deputado do BNG pola comarca, Món Fernández, a portavoz comarcal do BNG, Mercedes Tobío e o coordinador do grupo de traballo de pesca do BNG, Joám Luis Ferreiro, mantiveron un encontro na estación de bioloxía mariña da Graña co novo director da estación, Xosé Luis Otero Pérez, o xefe da mesma, Guillermo Díaz Agra, co vicerrector de Investigación e Innovación da USC, Vicente Pérez Muñuzuri, e co que foi o director da estación desde a súa creación até o seu relevo na actualidade, o catedrático de zooloxía mariña Victoriano Urgorri.

O deputado nacionalista, Mon Fernández, trasladou aos responsables do centro os acordos acadados no parlamento galego para a realización dun plan da recuperación marisqueira da ría de Ferrol, no que a estación de bioloxía da Graña debe xogar un papel de vital importancia, colaborando na elaboración dun estudo integral sobre o estado da ría, así como na achega de propostas de actuacións para a súa completa rexeneración.

Os responsables da estación biolóxica trasladáronlle ao Bloque que a situación da ría «é un problema multifactorial, e que, nunha primeira opinión, o estudo que se realice debería recoller as dinámicas hidrícas, así como unhas análises completas de sedimentos e parámetros da auga», explicaron os nacionalistas. Os expertos tamén manifestaron que un estudo de estas características non tería custes elevados, sendo facilmente asumible pola administración, e que debe ser abordado de maneira urxente para poder revertir a situación actual.

 

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.