O stand “AgresiónOff” desenvolverá este xoves en Ortigueira actividades para axudar a eliminar a violencia contra a muller

Haberá actividades guiadas e unha urna para presentar suxestións, entre outras iniciativas
122292978_3531202500235241_7556740676637307560_o

O stand de AgresiónOFF da Secretaría Xeral de Igualdade estará durante toda a mañá deste xoves na alameda de Ortigueira para mostrar diferente material (vídeos e xogos entre outros) relacionado coa prevención das agresión sexuais. A actividade forma parte da programación da Concellería de Igualdade de Ortigueira para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, cuxa data central é o vindeiro 25 de novembro e que contará ademais cunha campaña propia deseñada exclusivamente polo Concello.

No stand desenvolveranse actividades guiadas polas técnicas do programa, concretamente as tituladas “Onde está o límite?”, “O kahott da Igualdade”, “Eu non necesito filtros”, “Non me contes contos”, “Ruleta do amor romántico” e “Canto de estereotipada está a túa mente?”.A participación realizarase en grupos reducidos para manter a seguridade.

Ademais, fóra do stand haberá uns códigos QR denominados “A Información ao alcance da túa man” a través dos que se poden escanear vídeos e datos xerais sobre a prevención de agresións sexuais. Por outra banda, instalarase unha urna co lema “Ampliemos o decálogo contra a violencia sexual” na que se poderán deixar reflexións sobre esta iniciativa e engadir propostas para aumentar o devandito decálogo.

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.