As Pontes abre o prazo para solicitar as achegas do “PEL Reactiva” da Deputación da Coruña

As axudas, dirixidas ás pemes e autónomos afectados polos peches de estado de alarma, oscilarán entre 1.500 e 3.000 euros
El Concello de As Pontes
El Concello de As Pontes

O Concello das Pontes abre maña, 4 de novembro, o prazo para solicitar as achegas do  PEL Reactiva da Deputación da Coruña. A finalidade destas axudas é financiar os gastos correntes das persoas traballadoras por conta propia ou autónomas e ás microempresas radicadas no Concello das Pontes, directamente afectadas pola crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, e a entrada en vigor do estado de alarma e as súas posteriores prórrogas.

Estas axudas van dirixidas a per soas traballadoras autónomas con ou sen traballadores ao seu cargo e microempresas, calquera que sexa a súa forma xurídica. As subvencións, compatibles con outras prestacións municipais, oscilarán entre os 1.500 euros para traballadores por conta propia sen traballadores ao seu cargo e os e os 3.000 euros aos que poden optar as microempresas e autónomos/as que conten cun cadro de persoal de entre 6 e 9 traballadores.

Os fondos poderán ser destinados, entre outras cuestións, a gastos de adaptación e acondicionamento dos negocios á nova realidade derivada da pandemia como pode ser a compra de paneis de protección, a adquisición de produtos hixiénicos e de limpeza, material antiséptico ou desinfectante, así como a gastos correntes de subministracións de auga, luz ou gas.

As solicitudes deben presentarse por vía telemática a través da sede electrónica do Concello. O prazo de presentación de solicitudes finalizará ás 14:00 horas do día 25 de novembro de 2020. As bases para solicitar estas axudas poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia 123 con data 5 de agosto de 2020 na páxina web www.dicoruna.es ou na páxina do Concello de As Pontes 

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.