Movemento histórico en RTVE: ofrecerá narración en galego nos partidos da Selección Española

Os partidos de clasificación para o Mundial 2026 da Selección Española masculina de fútbol contarán con narración e comentarios en galego a partir do España-Xeorxia que se disputa este sábado ás 20:45 horas
O xogador do RC Celta de Vigo Borja Iglesias, o único galego na Selección Española | RTVE
O xogador do RC Celta de Vigo Borja Iglesias, o único galego na Selección Española | RTVE

RTVE dará un paso histórico esta fin de semana ao ofrecer por primeira vez na súa historia a narración en galego dun partido da Selección Española masculina de fútbol. Os espectadores de Galicia poderán seguir en lingua galega os decisivos encontros de clasificación para o Mundial de 2026 que España disputará este sábado fronte a Xeorxia e o vindeiro martes ante Bulgaria.

As emisións permitirán escoller a opción de audio en galego a través da segunda pista dispoñible nos televisores, ou ben manter a narración habitual en castelán. Con esta iniciativa, RTVE busca «reforzar o seu compromiso co multilingüismo e coas linguas cooficiais do Estado».

A narración en galego correrá a cargo de Carlos Jiménez, habitual narrador de grandes eventos deportivos en RNE, e Enrique Morales, redactor de deportes de RTVE en Vigo. As achegas técnicas virán da man de Manel Fernández Anidos, exfutbolista internacional sub-21 coa selección española, que militou en equipos como o Celta ou o Racing de Ferrol, e pertence a unha coñecida saga de futbolistas galegos.

O España–Xeorxia disputarase este sábado, 11 de outubro, ás 20:45 horas no estadio Martínez Valero de Elxe, mentres que o España–Bulgaria celebrarase o martes 14 de outubro en Valladolid, tamén ás 20:45 horas.

Ademais, o encontro do martes poderá seguirse tamén a través de La 2Cat, que comeza as súas emisións o luns 13 e volverá ofrecer os partidos da Selección Española e da Copa do Rei en catalán, coa narración de David Figueira e Chapi Ferrer.

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.