Lugo e Ferrol estarán unidos por unha conexión directa de autobús vía As Pontes

O contrato prevé 8.500 viaxeiros ao ano e incorpora un vehículo máis á rede interurbana
Imagen de archivo de un autobús de Monbus | MONBUS
Imagen de archivo de un autobús de Monbus | MONBUS

A Xunta autorizou a licitación da nova concesión do servizo público de transporte regular de viaxeiros por estrada no corredor A Coruña–Ferrol–Ortigueira–Viveiro–Vilalba–Lugo, cun orzamento próximo aos 2,7 millóns de euros. O contrato, que terá vixencia ata 2030, garante a continuidade dos servizos existentes e incorpora modificacións na estrutura da concesión.

A principal novidade é a creación da liña Conecta Lugo–Ferrol, que incluirá parada nas Pontes de García Rodríguez. Esta conexión engadirá dous servizos directos por sentido ao día, o que supón 1.408 circulacións adicionais ao ano. De luns a venres, as saídas desde Ferrol serán ás 6.30, 14.30 e 17.30, mentres que desde Lugo partirán ás 6.30, 15.30 e 19.30. Durante o curso universitario engádese un servizo os venres ás 18.00 cara a Ferrol e outro os domingos ás 20.00 en dirección Lugo.

A inclusión dunha parada intermedia nas Pontes responde aos datos de mobilidade recollidos pola Administración, que indican máis de medio millón de desprazamentos anuais en vehículo privado entre Ferrol e este municipio. A previsión é que a nova liña mova arredor de 8.500 viaxeiros ao ano.

A licitación tamén contempla a prolongación da liña Oza dos Ríos–Betanzos ata Curtis e a introdución de axustes horarios noutros servizos para atender solicitudes trasladadas polos usuarios. Ademais, increméntase en unha unidade o número de vehículos adscritos á concesión, que pasa a contar con 11 autobuses.

O ámbito territorial abrangue 58 concellos das catro provincias galegas, ademais dos municipios principais do corredor. Entre eles figuran localidades da área da Coruña como A Capela, Bergondo, Cabanas, Fene, Narón ou Pontedeume; da Mariña e Terra Chá como Viveiro, Burela, Mondoñedo, Vilalba ou Xove; e municipios do interior como Melide, Sobrado, Palas de Rei ou Chantada. A concesión inclúe tamén servizos en concellos de Ourense —A Peroxa, Carballedo, Coles, Ourense e Vilamarín— e de Pontevedra —Agolada e Lalín—.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.