Lugo combate o machismo a golpe de gargallada

A Deputación impulsa un ciclo de monólogos feministas na provincia para concienciar sobre a igualdade e desmontar estereotipos de xénero mediante o talento de cómicas galegas
Presentación Xornadas e Monólogo de Igualdade
A mandataria provincial, Carmela López, e a diputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira na presentación das Xornadas e Monólogo de Igualdade

A Deputación de Lugo impulsa unha programación feminista que se desenvolverá nos meses de abril e maio con actividades gratuítas dirixidas tanto aos concellos como á comunidade educativa. A presidenta, Carmela López, e a deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, foron as encargadas de dar a coñecer estas iniciativas, co obxectivo de “informar, conectar coa cidadanía, facer pensar e contribuír a desmontar prexuízos”.

A iniciativa busca dar resposta institucional ante o repunte de actitudes e discursos machistas, o que lles obriga «como institución pública, a actuar con responsabilidade», reivindicando o feminismo como “a defensa da igualdade real entre mulleres e homes”.

Vilalba como punto de partida

Vilalba foi a primeira en acoller unha das accións principais da inciativa: Risas con perspectiva feminista, un ciclo de espectáculos de humor protagonizado por Arantxa Treus e Jazmín Abuín. O dúo cómico ‘Sobria e Serena’ inicia o periplo pola provincia de Lugo poñendo o feminismo ao alcance de todas e todos cun humor comprometido, percorrendo tamén Foz, o venres 15 de maio; Taboada; o domingo 16 de maio; e Sarria o domingo 24 de maio.

A divulgación como eixe central

Por outra banda, o venres 17 de abril celebrarase no Salón de Actos da Deputación a xornada Feministas=Igualdade, conducida pola presentadora lucense Beatriz Serén e na que participarán investigadoras, psicólogas e expertas en comunicación para analizar os retos actuais en materia de igualdade.

A actividade, tamén de balde e dirixida aos centros educativos, desenvolverase no Salón de Actos do Pazo de San Marcos a partir das 9:00 horas, mais para asistir será necesario inscribirse previamente a través do correo electrónico [email protected].

Ao longo da mañá, diversas relatoras de referencia combinarán coñecemento e reflexión con achegas de carácter máis emocional. Entre elas, destaca Eulalia Pérez Señedo, profesora de investigación no CSIC, que afondará nos estereotipos e nas falsas crenzas científicas sobre as mulleres. Laura Redondo, doutora en psicoloxía, analizará os mitos arredor da igualdade, e Celia de Marcos, doutora en comunicación, abordará o impacto da intelixencia artificial neste ámbito.

Tamén participarán Cristina Pérez Carmuega e Seila Couso-Pérez, investigadoras no eido educativo e científico, que tratarán a invisibilización histórica das mulleres a través do coñecido ‘efecto Matilda’. A xornada concluirá cun monólogo da cómica Esther Gimeno, que achegará unha perspectiva máis próxima e participativa ao público.

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.