A Xunta e os concellos veñen de activar un reforzo sen precedentes nas inspeccións e na limpeza das franxas de protección arredor de vivendas e núcleos de poboación, obrigatorias por lei.
Por primeira vez, a administración poderá entrar directamente a desbrozar parcelas en zonas de especial risco cando o propietario non cumpra. Trátase dunha medida incluída nos convenios de colaboración cos concellos e que se aplicará antes do verán. A execución subsidiaria supón que a adminstración limpe a finca, o propietario pague a factura e pode recibir unha sanción económica.
Obrigas de limpeza das fincas
Segundo a Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais, modificada en 2021 e 2022, todas as fincas situadas a menos de 50 metros de casas, edificacións ou zonas sensibles deben estar limpas antes do 31 de maio. Dentro da franxa dos 50 metros é obrigatorio:
- Eliminar toda a maleza e matogueira
- Podar árbores: eliminar ramas baixas ata 2,5 m ou 1/3 da altura
- Manter distancias mínimas entre copas: 4 metros entre frondosas e 6 metros entre coníferas
- Retirar restos de corta e madeira seca
- Eliminar árbores mortas ou en mal estado
Vigo impuxo entre 300 e 600 euros por infracción, acumulando máis de 200.000 € en sancións nun período de oito meses.
A lei establece:
- Multas coercitivas adicionais: mínimo 100 € + 900 €/hectárea cada tres meses mentres non se limpe
- Infracción leve: ata 1.000 €
- Infracción grave: ata 10.000 €
- Infracción moi grave: ata 100.000 €

Listado oficial de especies que deben xestionarse
- Piñeiro do país (pino galego)
- Piiñeiro silvestre
- Piñeiro de Monterrei
- Piñeiro de Oregón
- Mimosa
- Acacia negra
- Eucalipto
- Brecina
- Carquesa
- Retama
- Breixo
- Piorno
- Fento
- Silva
- Toxo
Pódense coservar exemplares destas especies se sob: árbores singulares, árbores con función ornamental, se están situados en zonas recreativas ou se son exemplares illados que non supoñan un risco.


