A primeira escoita do novo disco de Tanxugueiras «O Cuarto» será en Santiago

O grupo presentará o seu novo disco durante a apertura das Festas da Ascensión 2026 de Santiago de Compostela
tanxugueiras

Santiago de Compostela converterase no punto de partida da nova etapa musical de Tanxugueiras. O grupo galego abrirá as Festas da Ascensión 2026 coa estrea en primicia de O Cuarto, o seu novo disco, a través dunha proposta singular: unha escoita colectiva na Praza do Obradoiro a partir das 20:00h.

A portada e a contraportada do disco O Cuarto | @TANXUGUEIRAS

Coa estrea, o grupo destaca a capital galega e sitúaa no centro dunha presentación que se converte nun dos momentos máis salientables da súa carreira. O escenario elixido reforza a conexión entre música, identidade e territorio, elementos clave no proxecto artístico de Tanxugueiras.

PUBLICIDAD

As Festas da Ascensión 2026 comezarán este 8 de maio ata o día 25 de maio e contarán cunha programación diversa e extensa, que se desenvolverá combinando artistas como Mondra o día Xoves 14 de maio, 9louro o venres 15 de maio e Alba Reche o sábado 16 con espectáculos familiares e eventos que dinamizan distintos espazos da cidade comoSantiago 40Pop o mércores 14 de maio e o festival Romaría das flores o sábado 16 de maio e o mediodía do domingo, entre outros eventos.

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.