O CGAC entra en crise tras o polémico nomeamento da súa nova directora

A convocatoria limitouse a persoal funcionario e desenvolveuse mediante un sistema de libre designación deixando fóra a gran parte do sector cultura
708191559_1412528117577173_6437897915348399362_n

O nomeamento da nova directora do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), Eva López Tarrío, desencadeou que artistas, comisarios, profesorado universitario e forzas políticas coincidan en cualificar o suceso como problemático, abrindo un debate sobre o modelo de xestión cultural en Galicia.

A orixe do conflito está na forma en que se levou a cabo a selección. A convocatoria limitouse a persoal funcionario e desenvolveuse mediante un sistema de libre designación, un modelo legal pero que deixou fóra boa parte do ecosistema profesional do arte contemporáneo. Outra das claves da polémica é o perfil da persoa escollida. López Tarrío conta cunha traxectoria vinculada ao ensino e a proxectos expositivos de menor escala, algo que parte da comunidade artística considera insuficiente para dirixir unha institución de referencia.

Eva López Tarrío no centro como a nova directora | @CGACSANTIAGO

Protestas, dimisións e presión institucional

O desacordo fixose visible de inmediato, con protestas no propio CGAC coincidindo con actos institucionais, nas que se cuestionaban tanto o nomeamento como a orientación futura do museo. Entre as críticas máis repetidas figura a idea de que o proceso estivo excesivamente influído pola administración, o que alimenta as dúbidas sobre a independencia do centro.

A tensión incrementouse coas dimisións de varios membros do Consello Asesor, interpretadas como unha mostra clara do rexeitamento interno. O conflito estendeuse despois ao ámbito académico, co departamento de Historia da Arte da Universidade de Santiago reclamando a anulación da convocatoria e a apertura dun novo proceso baseado en criterios de mérito e transparencia. A polémica chegou tamén ao plano político, onde os grupos da oposición no Parlamento galego pediron revisar a designación e avanzar cara a un modelo de elección máis aberto, participativo e independente.

A xunta mantense na súa decisión

En paralelo ás críticas, a Xunta mantén a súa posición e defende a legalidade do procedemento, asegurando que responde a criterios de mérito e capacidade. Ademais, anunciou a intención de abrir unha nova etapa no CGAC cun plan estratéxico a medio prazo. A crise do CGAC continúa en desenvolvemento, cunha tensión que non parece diminuír a curto prazo. O nomeamento xa é oficial, pero o desacordo segue presente tanto na rúa como nas institucións.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.