Programacións que non te podes perder en Galicia este mes cheo de orgullo

Distintas cidades galegas apostan pola diversidade e reivindicación do colectivo durante os primeiros meses de verán
O público do Atlantic Pride na edición pasada | @ATLANTIC.PRIDE
O público do Atlantic Pride na edición pasada | @ATLANTIC.PRIDE

O Orgullo 2026 está a encher de actividades culturais, reivindicativas e festivas distintas cidades galegas ao longo do mes de xuño e comezos de xullo, cun programa diverso que combina música, artes escénicas, encontros cidadáns e actos institucionais. Santiago de Compostela, Ourense, A Coruña, Vigo e Pontevedra son algunhas das cidades que manteñen unha axenda ampla e descentralizada.

Pontevedra : un programa transversal

O concello de Pontevedra fixo público o programa do Orgullo 2026, cun calendario que se estende durante varios días e que inclúe propostas culturais, accións educativas e eventos co obxectivo de dar visibilidade á diversidade en distintos espazos urbanos

 Colocación da faixa multicolor no balcón da Casa Consistorial | CONCELLO DE PONTEVEDRA

Vigo: Nós mesmas e Avante impulsan unha axenda diversa

A diferenza do resto das cidades, Vigo non celebrará este ano a Festa Diversxs, que foi suspendida segundo informaron as entidades organizadoras. A cancelación xerou debate na cidade, ao tratarse dun evento alternativo e autoxestionado que nos últimos anos se consolidara como un espazo de expresión. As entidades Nós mesmas e Avante impulsan unha axenda que combina a diversión coa concienciación e a reivindicación.

Santiago de Compostela: cultura e reivindicación

Santiago de Compostela celebra un ano máis unha nova edición de Compostela Diversa, unha programación promovida polo Concello que aposta pola visiblidade, inclusión e a diversidade a través de actividades culturais e sociais. A iniciativa inclúe propostas abertas como charlas, obradoiros e eventos co obxectivo de crear espazos seguros arredor da diversidade afectivo-sexual e de xénero.

Ferrol: Novas lecturas da man de Trémola Teatro

A biblioteca municipal de Ferrol presenta unha nova edición dos Instantes Literarios dedicado á literatura LGTBI+. O día 19 de xuño, de 11.30 a 13.30 h da mañá e de 17.00 a 19.00 h da tarde, proponse a entrada da biblioteca para atopar novas lecturas da man de Trémola Teatro que promoven o respecto á diversidade.

Ourense: un gran espectáculo na Praza Maior

Ourense volverá a converter a Praza Maior nun dos epicentros do Orgullo en Galicia co evento de OUrgullo que contará coa actuación de Azúcar Moreno, varias artistas drag e rematará con DJ. A programación complétase con actividades paralelas que reforzan a mensaxe da igualdade e respecto.

O cartel do Ourgullo | CONCELLO DE OURENSE

Coruña: volve o Atlantic Fest

Un ano máis celébrase o Festival LGBTIQ+ Atlantic Fest gratuíto na cidade da Coruña do 5 ao 12 de xullo de 2026 coas grandes Azúcar Moreno, Soraya, María Isabel, Jorge González, Oro Jondo, Dennis Moore, o Coro Cores e nas cabinas DJ Paola, DJ 90, DJ Cés, DJ Flashback e DJ Licho. Xuntarase o pop, eurodance e drags para cantar e bailar nunha semana especial.

A diversidade de formatos e enfoques nas celebracións do Orgullo 2026 reflicte a pluralidade do movemento en Galicia, con propostas institucionais, culturais e comunitarias que conviven nun mesmo calendario.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.