O Concelleiro de obras de Mugardos, Jorge Kuntz, anunciou no día de hoxe o inicio inminente dos traballos de mellora no alumeado público e que nesta primera fase realizaranse principalmente no casco urbano de Mugardos alcanzando as rúas Casás, Areosa, Casas Baratas, O Cristo e Pedrosos, e unha primeira intervención na Avenida do Seixo.
As obras, que consistirán principalmente na sustitución de luminarias, cadros de luz e mellora das instalación, xa están licitadas e adxudicadas por 231.862,78 euros e están cofinanciadas entre o Concello de Mugardos e fondos FEDER co IDEA, acadando o 80% das actuacións.
O concelleiro afirmou que “estas obras veñen a paliar as enormes deficiencias encontradas no sistema de alumeado, especialmente no tocante ás avarías, por tratarse dun alumeado moi anticuado. As obras, que no total das tres fases superarán con moito o medio millón de euros de inversión, teñen como principal obxectivo a minimización de avarías, a mellora da eficiencia do sistema e o aforro enerxético. Os veciños e veciñas notarán o cambio a mellor desde o primeiro momento, e lograremos tamén diminuir o coste do servizo para o Concello”.
Esta actuación integral que levará a cabo o goberno municipal desenvolverase en tres fases, todas elas xa iniciadas. A primeira, que comenzará nestes próximos días. A segunda fase centrará as súas actuacións íntegramente na parroquia do Seixo (Bello Piñeiro, Coruto e Boado) ten xa iniciados os trámites de contratación e está pendente de licitación cun importe inicial de 244.261 euros. E a terceira e última fase deste plan integral de mellora do alumeado público mugardés, que centrarase na parroquia de Franza e no resto do territorio municipal, atópase na actualidade en fase de elaboración de proxectos.
Discussion about this post