Detidas dúas personas en Ferrol no marco dunha macroredada de droga

A "Operación Luna" saldouse con máis de 16 detidos en Ferrol, A Coruña e Sada
acoruna-redada1 (1)

A Policía Nacional desenvolveu durante a mañá deste mércores unha operación policial contra o tráfico de drogas na Coruña e que concluíu cun total de 16 persoas detidas. En concreto, na denominada «Operación Luna», practicáronse oito rexistros, dos que seis foron na Coruña; un en Ferrol e outro no municipio coruñés de Sada.

En total, foron 16 as persoas detidas, 12 na Coruña, dúas en Ferrol e dúas en Sada, unha operativo policial que, en principio, segundo as fontes consultadas, dáse por pechada. Nel, os axentes incautáronse de armas e cocaína. O operativo, cunha decena de persoas detidas xa ás poucas horas da súa posta en marcha, comezou á primeira hora da mañá no barrio coruñés de Monelos e noutros puntos da cidade.

Fíxoo cun amplo despregamento policial a cargo do Corpo Nacional de Policía, con varios furgóns desprazados a este barrio coruñés, e co apoio da Policía Local para regular aspectos vinculados co tráfico debido á presenza de numerosos vehículos policiais na zona. Inicialmente, o operativo púxose en marcha na zona de Monelos, en concreto no lugar do Camiño da Igrexa.

Con todo, con posterioridade confirmouse que levou a cabo no Barrio das Flores e noutros puntos da cidade vinculados co tráfico de drogas. Tamén levaron a cabo actuacións en Ferrol e Sada. Como resultado do operativo posto en marcha, detívose, finalmente, a un total de 16 persoas nun despregamento con presenza tamén de axentes de paisano.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.