Os comités do Grupo Renfe e Adif na Coruña reclamaron medidas «urxentes» entre a liña Ferrol-Ribadeo por «risco grave», sinalaron tras considerar «penoso» o estado de conservación» da mesma.
En concreto, denunciaron a ausencia de «mantemento» e expuxeron que esta situación xa a puxeron de manifesto, nun informe remitido as empresas, antes de que se producise o accidente do pasado 20 de febreiro á altura do Barqueiro.
«Non hai o mantemento mínimo para garantir a seguridade dos traballadores e dos usuarios», sinalou, con motivo dunha rolda de prensa, Severino Rodríguez, membro do comité de empresa de Renfe na Coruña e secretario xeral da sección sindical de Adif-Renfe de CCOO na área coruñesa.
Respecto diso, asegurou que nesta liña hai «un risco grave» pola presenza próxima de árbores, por posibles desprendementos de pedras e por un estado «bastante deporable» da mesma. «É unha chamada de socorro», sinalou sobre esta liña, pero advertindo que as convencionais están «abandonadas» en Galicia.