As Pontes habilita un área de descanso para transportistas en Penapurreira

A zona disporá dun aseo e outras comodidades para facilitar o traballo dos conductores
Zona Descanso e Aseo

O Concello das Pontes habilitará, a partir de mañá, en colaboración coa asociación de empresarios SEARA, unha zona de descanso e aseo para transportistas co obxectivo de contribuír a facilitar o traballo e a mobilidade dos transportistas encargados de garantir o subministro de bens e servizos a toda a poboación.

“Os transportistas continúan coa súa actividade, abastecéndonos a diario, facendo enormes esforzos. O estado de alarma deixounos, en moitos casos, sen a posibilidade de poder asearse ou descansar pola falta de establecementos abertos nas súas rutas. Desde o Concello das Pontes queremos axudar a mitigar esta situación, poñendo á súa disposición os recursos cos que contamos e mostrando o noso apoio a un sector absolutamente esencial nestes momentos” sinalou o alcalde, Valentín González Formoso.

Desde o Concello tamén agradecen a colaboración de SEARA na posta en marcha desta iniciativa, cedendo a súas instalacións no polígono de Penapurreira, nun momento no que a colaboración de entidades públicas e privadas é esencial  para velar pola saúde pública da cidadanía e minimizar a propagación do virus, prestando especial atención aos sectores que están a garantir o benestar de toda a poboación do país.

Para asegurar as óptimas condicións sanitarias e de hixiene deste espazo, o Concello das Pontes porá os medios necesarios, a través de persoal de limpeza, para levar a cabo a desinfección permanente das instalacións e, deste xeito, reducir a exposición dos transportistas ao risco de contaxio.

Esta área de descanso e aseo estará aberta, de luns a venres, de oito da mañá a oito da tarde de xeito ininterrompido.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.