O Concello de Cabanas, a través da Área de Turismo, vén de lanzar nas súas redes sociais un xogo tipo “Trivial” que permite avaliar o grao de coñecemento do concello a todas as persoas que se animen a xogar.
O xogo conta con corenta preguntas, todas elas con tres respostas posíbeis e unha única válida, nas que se inclúen cuestións de índole cultural, deportivo, histórico, patrimonial ou de gobernanza, entre outras.
“A actividade ten un dobre obxectivo: por unha banda permite á veciñanza e visitantes avaliar o seu coñecemento sobre Cabanas, mais ao tempo tamén axuda a facer máis levadeiro o confinamento”, sinalan desde a Área de Turismo de Cabanas.
PODES XOGAR FACENDO CLICK AQUÍ