Oroso, un concello cardioprotexido e saudable

IMG-20211202-WA0036

O Concello de Oroso puxo en marcha ‘Oroso de Corazón’, co obxectivo de convertirse nun municipio cardioprotexido e impulsar os hábitos de vida saudables entre os seus veciños e veciñas.

“Esta pandemia fíxonos reflexionar sobre a importancia da saúde e de estar moi preto da xente, temos que ter claro o que é importante, por iso pensamos nesta iniciativa para fomentar a cultura da vida saudable, con charlas, cursos e diferentes iniciativas”, explica o alcalde, Luis Rey.

Entre as actuacións que farán de Oroso un concello cardioprotexido, están os cursos de reanimación, masaxe cardíaco e maniobras ante casos de asfixia para a veciñanza; a formación sobre uso de desfibriladores para clubes deportivos, asociacións e centros educativos, e sesións formativas sobre alimentación, nutrición e consellos para evitar a obesidade infantil.

Haberá tamén outras iniciativas para fomentar os hábitos de vida saudable entre os orosáns, como as andainas, e xornadas para que os veciños e veciñas poidan medirse a tensión, o azúcar e outros parámetros.

RCP BÁSICA

A primeira actividade xa se fixo: será un curso de reanimación cardiopulmonar (RCP) básico, aberto aos veciños e veciñas interesadas e que se celebrou no centro cultural de Oroso. As técnicas de RCP son fundamentais en casos de infarto.

“O 80% das enfermidades poden evitarse con prevención, algo que temos que ter sempre en conta, e para os casos de urxencia, como os infartos, ter unhas nocións de primeiros auxilios poden salvar unha vida”, afirma a directora do centro de saúde de Oroso, María José Méndez.

“Quixemos impulsar esta iniciativa desde o concello, combinando sanidade e educación; o programa chegará a todas as idades para concienciar da importancia da saúde e dos controis sanitarios”, engade Beatriz Rodeiro, concelleira de Sanidade.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.