A Cociña Económica renuncia aos 40.000 euros do convenio co Concello

A entidade benéfica considera que o consistorio debe facer fronte a un importante gasto social durante esta crise sanitaria
La Cocina Económica recupera este año su asignación, a la que renunció el pasado año debido a la pandemia
La Cocina Económica recupera este año su asignación, a la que renunció el pasado año debido a la pandemia

A xunta directiva da Cociña Económica de Ferrol decidiu renunciar aos 40.000 euros do convenio co Concello para que a Administración local “poida cubrir directamente unha parte do gasto en axudas para alimentación de familias ante a excepcional gravidade da crise sanitaria que estamos a vivir e as non menos graves consecuencias sociais e económicas que se derivan na nosa cidade»

A entidade con sede na rúa Rubalcaba, asegurou, a través dun comunicado, que dita decisión foi tomada por unanimidade da xunta directiva, para desta forma “liberar ao orzamento municipal, na súa partida máis sensible en atención social dos 40.000 euros que se reservan para o convenio coa nosa asociación”.

Estiman que con este diñeiro, o Concello, ademais dos gastos de alimentación, poida facer fronte “aos innumerables gastos imprevistos que se teñan que afrontar”. Unha medida adoptada a pesar de que a crise do coronavirus ocasionou que a Cociña Económica teña que duplicar os seus servizos e incorrer nun maior esforzo económico en contratos de persoal e provedores.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.