O Museo da Construción Naval, como o resto dos centros museísticos, permanece pechado ao público como consecuencia da pandemia do Covid-19, pero conserva activas a súa web e as súas redes sociais, nas que tenta manter o diálogo permanente coa súa comunidade de seguidores e o contacto destes coas pezas que se expoñen no edificio de Herrerías. A través da súa páxina web é posible realizar unha visita virtual ás dúas plantas do museo. O completo percorrido permite deterse na parte da colección que máis interese ao visitante.
Precisamente o aproveitamento das tecnoloxías de realidade virtual é un dos proxectos nos que estaba inmerso o museo cando xurdiu a crise sanitaria e entre as iniciativas previstas está a posibilidade de percorrer o interior e a cuberta de voo do “Príncipe de Asturias”, cuxa maqueta se expón en Herrerías, e a fragata Magdalena, cuxos restos son a peza máis importantes de cantas exhíbense no museo.
Ademais, estes días de confinamento, o museo propón nas súas redes sociais dous retos similares aos que se están levando a cabo en museos de todo o mundo. O primeiro deles é recrear con material caseiro algún cadro relacionado co mar; o segundo consiste en realizar barcos de papel poñendo a proba a creatividade individual. En ambos os casos as fotografías deben subirse ás redes co hashtag #MarenCuarentena e etiquetando a @Exponav.
Discussion about this post