As residencias de maiores de Ferrol reciben da Xunta 21.000 unidades de protección contra o Covid

Esta semana enviouse unha nova partida de 13.400 luvas, 6.822 máscaras e 894 traxes antisalpicaduras
PHOTO-2020-04-18-11-52-26

A Xunta de Galicia vén de facer un novo envío de material de protección fronte á COVID-19 con destino ás residencias e entidades sociais da comarca de Ferrolterra. Nesta área a partida inclúe 13.400 máscaras, 6.822 luvas e 894 traxes antisalpicaduras.

Ademais, os centros sociais de Ferrolterra tamén recibiron esta semana 72 botes de xel hidroalcohólico e 13 garrafas de 5 litros de desinfectante. No reparto de material tivéronse en conta as peticións que os propios centros e entidades trasladaron á Xunta tendo en conta as súas necesidades actuais.

O delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro puxo en valor “a colaboración institucional da Xunta de Galicia coas entidades sociais” para “sumar esforzos” para contribuír na loita contra a expansión do virus.

Relacionadas