A Deputación da Coruña aprobou hoxe por unanimidade, no primeiro pleno telemático da súa historia, destinar 19 millóns de euros para apoiar os concellos coruñeses na loita contra o COVID-19 e axudar a paliar os seus efectos sociais e económicos. As comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal recibirán, en total, máis de 3,4 millóns.
Os fondos, procedentes de superávit e remanentes de tesourería, chegarán aos concellos a través do Plan Único (POS+2020), do cal se modificaron as súas bases para adaptalas á crise sanitaria, que provoca que os concellos teñan que realizar importantes gastos imprevistos, fundamentalmente na área social. “O Plan Único será este ano máis social que nunca”, afirmou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, que agradeceu o apoio unánime de todos os grupos políticos da corporación provincial para modificar as bases. “Creo que estamos dando un bo exemplo á sociedade cando se necesita máis que nunca”, afirmou.
González Formoso explicou unha parte do aprobado hoxe “terá como destino exclusivo financiar gastos sociais extraordinarios derivados do COVID-19 como a adquisición de equipos de protección individual (EPI) ou o reforzo dos servizos municipais de axuda a domicilio para maiores, dependentes ou persoas con discapacidade”. Os concellos percibirán as achegas económicas da Deputación de maneira inmediata, sen ter que agardar a xustificar o investimento.
O resto da partida poderá ser usados polos concellos para o financiamento dos seus servizos básicos (gasto corrente) ou para obras financeiramente sostibles, contribuíndo así a dinamizar a economía e o emprego local. Como é habitual, serán os propios municipios os que decidan o destino dos fondos en función das prioridades particulares de cada un.
CONCELLO |
POS+ AD1/2020
SUPERAVIT
|
POS+ AD2/2020
REMANENTE TESOURERIA
|
TOTAL |
Ares | 22.887 | 85.827 | 108.714 |
Cabanas | 22.940 | 86.027 | 108.967 |
A Capela | 20.352 | 76.320 | 96.672 |
Cariño | 25.176 | 94.411 | 119.588 |
Cerdido | 19.144 | 71.791 | 90.935 |
Fene | 41.354 | 155.079 | 196.433 |
Ferrol | 45.325 | 169.971 | 215.297 |
Mañón | 27.340 | 102.527 | 129.867 |
Moeche | 20.130 | 75.487 | 95.617 |
Monfero | 44.661 | 167.481 | 212.143 |
Mugardos | 23.581 | 88.429 | 112.011 |
Narón | 97.307 | 364.904 | 462.211 |
Neda | 22.811 | 85.542 | 108.353 |
Ortigueira | 69.178. | 259.420 | 328.599 |
Pontedeume | 31.785 | 119.193 | 150.978 |
As Pontes | 83.562 | 313.359 | 396.922 |
San Sadurniño | 33.342 | 125.033 | 158.375 |
As Somozas | 27.168 | 101.881 | 129.050 |
Valdoviño | 39.176 | 146.913 | 186.090 |
TOTAL | 717.219 | 2.689.595 | 3.406.822 |
Discussion about this post