A Xunta aproba o proxecto da senda peonil e ciclista entre Franza e Rilo

A obra, orzamentada en 465.000 euros, consitirá na construcción dunha plataforma de 2,5 metros de ancho paralela á estrada
franza

A Xunta aprobou hoxe o proxecto de construción dunha senda na estrada autonómica AC-133, entre Franza e Rilo, no concello de Mugardos. Trátase da construción dunha senda de 2,5 metros de ancho para uso de ciclistas non deportivos e peóns paralela a esta estrada autonómica.

O orzamento estimado desta intervención da Consellería de Infraestruturas e Movilidad supera os 465.000 euros, tras incorporar o presente proxecto varias das alegacións e suxerencias presentados ao mesmo. No deseño do proxecto dos novos itinerarios prevese a diferenciación de pavimento en función de se a senda percorre terreo máis urbanizado ou rústico.

A intervención compleméntase coa ampliación do paso peonil na contorna do punto quilométrico 9.900 para solucionar o estreitamento na actual beirarrúa existente. Con respecto ás melloras que incorpora o proxecto aprobado, cabe destacar a prolongación dos itinerarios peonís ata entroncar co seguinte itinerario de peóns existente na contorna. Tamén se reformará a pendente lonxitudinal da senda, co fin de que teña unha pendente máxima do 6% e inclúese a reposición dun treito de colector de saneamento na zona de execución.

Relacionadas