As pemes e autónomos naroneses poderán solicitar desde mañá as axudas do plan «Narón Impulsa»

O programa, dotado con 3 millóns de euros, está destinado a aqueles negocios que pecharon durante o estado de alarma ou perderon máis do 75% da súa facturación
2017-11-16 (1)

Os autónomos e pemes de Narón poderán solicitar desde mañá mércores –e durante os vindeiros vinte días hábiles– as subvencións do programa municipal “Narón impulsa” a través da Sede Electrónica do Concello. O programa conta cun orzamento de tres millóns de euros destinados aos pequenos negocios afectados pola crise da Covid-19 e que durante este período tiveron que cesar na súa actividade ou viron mermada a súa facturación en alomenos un 75% dende que se decretou o estado de alarma.

«Apostamos por paliar os efectos da crise e, deste xeito, impulsar o tecido económico da cidade, inxectando unha liquidez aos afectados para que poidan manter en activo a súa actividade e o emprego”, recalcou a rexedora local Marián Ferreiro. O plan está composto por liñas de axuda de 2.000, 3.000 ou 4.000 euros, en función de cada caso. Os empresarios que se acollan a esta liña de subvencións, deberán cumprir unha serie de requisitos, como manter a actividade empresarial para a que foi concedida ata o 31 de decembro deste ano; se ten empregado, manter como mínimo un 50% do que se declare no momento de presentar a solicitude, entre outras.

Os datos xerais e a documentación a presentar poden consultarse a través da Sede Electrónica do Concello de Narón e a través da web municipal, donde tamén está publicada a guía do programa “Narón impulsa”.

 

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.