Dous ingresados con Covid en Ferrol: a cifra máis baixa desde o 11 de marzo

Xa son 475 persoas as que recibiron a alta epidemiolóxica tras superar o virus
Ya son 21 los hospitalizados en el Marcide
Ya son 21 los hospitalizados en el Marcide

A Dirección Xeral de Saúde pública informou que hoxe o número de casos activos por coronavirus na área sanitaria de Ferrol é 76 persoas, dous menos que onte. Só dúas persoas contaxiadas con Covid-19 permanencen ingresadas no Arquitecto Marcide, o que supón a cifra máis baixa desde o inicio da pandemia. O Sergas explicou que, aínda que hai máis doentes que seguen hospitalizados, xa deron negativo no test PCR e agora se recuperan das secuelas do virus.

Actualmente hai 74 contaxiados que se atopan en illamento domiciliario e son xa 475 persoas as que recibiron a alta epidemiolóxica tras superar o virus. O número de falecidos non aumentou nas últimas horas, polo que seguen a ser 33 as vítimas mortais relacionadas co Covid.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.