400 libros e un millar de bolsas para conmemorar o Día das Letras Galegas en Narón

O concello repartirá libros de literatura infantil e xuvenil e un exemplar da obra "“De Carballo Calero a Carvalho Calero"
Reparto bolsas

O Concello de Narón entregará varios agasallos para conmemorar este ano o Día das Letras Galegas, o vindeiro 17 de maio, xornada na que se homenaxeará ao escritor ferrolán Ricardo Carballo Calero. Dende a Biblioteca municipal se fará chegar aos centros educativos e aos Centros Cívicos Sociais e Culturais do Concello –nestes últimos casos unha vez reabran á cidadanía- un exemplar do libro “De Carballo Calero a Carvalho Calero: biografía, escolma de textos, guías de lectura, actividades e xogos”, editado por Hércules Ediciones.

A maiores, tamén se entregarán nos días previos e durante a vindeira semana un exemplar de literatura infantil ou xuvenil –segundo a idade- aos usuarios e usuarias do bono social do Servizo Sociocomunitario e do servizo de impresión de documentos escolares, menores de 3 a 16 anos.

“En total repartiremos algo máis de 400 exemplares en galego para conmemorar o Día das Letras Galegas, facendo partícipes desta data a persoas de tódalas idades e recordando a figura de Ricardo Carballo Calero, un dos escritores galegos do século XX máis destacados no mundo da cultura, cunha dilatada traxectoria literaria e natural do veciño municipio de Ferrol”, recordou a alcaldesa Marián Ferreiro.

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón tamén se suma ás iniciativas enmarcadas  no Día das Letras Galegas, e repartironse bolsas cun deseño sobre a figura de Ricardo Carballo Calero entre as oito librarías do municipio que colaboran nesta proposta: Day, Nova, Contos, Nany, Merche, Albatros, Fina e Pasapáxina. Nestes establecementos entregaranlles as bolsas a todas as persoas que merquen algo alí. As mesmas bolsas conmemorativas do Día das Letras Galegas tamén se entregarán ás persoas que leven algunha publicación en préstamo da Biblioteca municipal.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.