Fene pon fin ao ciclo ‘Xullo, mes da patria’ cos concertos gratuitos de Ruxe-Ruxe e Boyanka-Kostova

A escritora Ánxela Loureiro será a encargada de ler a declaración institucional do Día da Patria Galega o próximo 25 de xullo
O grupo Boyanka Kostova
O grupo Boyanka Kostova

Coa lectura da declaración institucional do Día da Patria Galega, a cargo da escritora Ánxela Loureiro, concluirá o vindeiro sábado o programa que organiza a Concellería de Cultura para conmemorar a festividade do 25 de xullo. 

Nada en Ferrol en 1956, Ánxela Loureiro é mestra e escritora galega de literatura infantil e xuvenil. Cultiva diferentes xéneros literarios: teatro, novela, poesía e guión cinematográfico. Exerceu a docencia en colexios e institutos de Ferrol e o Centro de Formación e Recursos. O acto terá lugar o sábado 23 de xullo, ás 13 horas, no parque liñal do Río Cádavo, fronte ao monumento Día da Patria Galega.

Previamente, tamén esta semana, haberá dous concertos na praza do alcalde Ramón José Souto González, ámbolos dous con entrada libre e de balde. O xoves 21 de xullo, ás 21:00 horas, actuará Ruxe-Ruxe co espectáculo Xira 2022 -Rede Cultural- e o venres 22, á mesma hora, será Boyanka-Kostova -Rede Cultural- quen suba ao escenario instalado a carón da Casa do Concello de Fene.

Publicidad
Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.