Lugo é premiado co único accésit nos Premios Nacionais de Comercio Interior

O certame galardoa o traballo dos municipios na renovación urbana comercial e no seu labor de desenvolvemento comercial e modernización empresarial
Imaxe de archivo do Concello de Lugo
Imaxe de archivo do Concello de Lugo
PUBLICIDAD

O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, a través da Secretaría de Estado de Comercio, vén de recoñecer o especial labor e apoio do Concello de Lugo ao sector comercial lucense. Faino a través dos Premios Nacionais de Comercio Interior 2022, que galardoan o traballo dos concellos nas súas actividades de renovación urbana comercial, e dos pequenos comercios, no seu labor de desenvolvemento comercial e modernización empresarial.

Na categoría de concellos de máis de 25.000 habitantes, só houbo dous recoñecementos, o de Lugo, como único accésit que o Ministerio optou por dar este ano, e o de Zaragoza, primeiro premiado.

A alcaldesa de Lugo sostivo que “é unha honra este recoñecemento para o Concello e o esforzo dos comerciantes lucenses, que refrenda o traballo que realizamos dende o executivo nos últimos anos, especialmente durante a pandemia, para defender o comercio de proximidade do noso municipio e promover a súa actividade”. O xurado do certame valorou especialmente a estratexia global de dinamización, reconstrución e reactivación da economía de Lugo lanzada polo concello, trala pandemia, dentro da cal se
enmarca o movemento Localmente Lucense. Así mesmo, tiveronse en conta as actuacións en materia de accesibilidade postas en marcha polo Concello. a creación e promoción do viveiro de empresas da Tinería; ou as diferentes edicións do programa Inicia Coworking, de fomento do emprendemento na cidade. Tamén se valorou a posta en marcha da estratexia Lugo Transforma, pioneira no ámbito municipal.

A tenente de alcaldesa e concelleira de Desenvolvemento Local e Emprego, Ana Abelleira, participará mañá, 10 de novembro, na cerimonia de entrega destes premios que terá lugar no Parque Zelai Arizti, en Zumárraga -Gipuzkoa-. O acto estará presidido pola ministra, Reyes Maroto, e contará coa participación da Secretaria de Estado de Comercio, Xiana Méndez, ademais doutras autoridades do País Vasco, así como representantes dos Concellos e asociacións galardonadas.

Na categoría de concellos de menos de 25.000 habitantes o premiado foi o anfitrión do acto, Zumárraga. Mentres que na categoría de Centros Comerciais Abertos o gañador foi a Asociación para a Promoción do Comercio Urbano de Vitoria-Gasteiz “Gasteiz-on” (Álaba) e, na de Pequeno Comercio, a rede de librarías Santos Ochoa, con sede en Logroño (La Rioja).

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.