Cee camiñará pola igualdade para conmemorar o 25N

O Concello organiza a marcha "Cee, camiñando pola igualdade" o vindeiro sábado 26 de novembro ás 12:00 horas
Mural co lema "Camiñando pola igualdade" inaugurado o pasado 25N | CONCELLO DE CEE
Mural co lema "Camiñando pola igualdade" inaugurado o pasado 25N | CONCELLO DE CEE

A Concellería de Benestar Social e Igualdade do Concello de Cee organizou para o vindeiro sábado 26 de novembro a marcha «Cee, camiñando pola igualdade», un acto que busca conmemorar o 25N, o Día pola Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

Cartaz de «Cee, camiñando pola igualdade» | CONCELLO DE CEE

A marcha, que terá un percorrido de 2,7 quilómetros polo centro urbano de Cee, sairá ás 12:00 horas dende a Praza 8 de Marzo. É posible inscribirse na Concellería de Benestar Social e Igualdade, no Centro de Información á Muller ou no teléfono 981745100.

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.