Foz instalará un banco violeta que «invite a reflexionar» sobre as violencias machista

O Concello xa ten en marcha varias actividades en marcha para conmemorar o 25N, día no que haberá unha concentración na vila
Arquivo - Concello de Foz
Arquivo - Concello de Foz

Para conmemorar o Día internacional contra a violencia de xénero o Concello de Foz organiza unha concentración este venres, día 25, con lectura dun manifesto e tamén de textos por parte do alumnado do IES de Foz contra a violencia de xénero e na defensa dos dereitos das mulleres de todo o mundo. Este mesmo día terá lugar a inauguración dun banco violeta “para a reflexión e rexeite da violencia de xénero, símbolo da unión de toda a cidadanía na loita contra o maltrato e a violencia machista». A continuación haberá unha concentración na Praza do Concello as 17:30 horas, con lectura do manifesto contra a violencia de xénero. Participará o alumnado do IES de Foz, que procederán ás lecturas dos textos que forman parte do traballo que desenvolveron de cara ó 25N.

No mesmo acto, recordando ás mulleres asasinadas e ós seus fillos, procederase á colocación dun panel en negro onde figurarán os seus nomes, en sinal de respecto e homenaxe póstumo as vítimas. Ó remate gardarase un minuto de silencio polas vítimas”. En próximas datas o Concello inaugurará un segundo banco violeta para crear espazos de reflexión e visibilizar no mobiliario urbano o rexeite da violencia de xénero, «na procura do respecto e da igualdade en todo o pobo de Foz». E dentro destes actos os días 12 e 14 de decembro impartirase un curso de autodefensa persoal para mulleres, ensinando técnicas para zafarse ante situacións violentas. As interesadas poden contactar co departamento municipal de Servizos Socias no teléfono 982.13.35.66”.

A concelleira focega Ana Rojo fixo fincapé na labor do alumnado do IES de Foz, nenas e nenos de 1º a 4º da ESO, que realizaron mural contra as violencias que se dan sobre as mulleres de todo o mundo. Dito mural estará exposto ao público en xeral diante da Casa do Concello, sumándose así ós actos de conmemoración do 25N.

 

 

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.