FeC y BNG presentan sendas mocións contra a suba da peaxe da AP-9 a partir de 2023

Ambas formacións apostan pola transferencia da autoestrada á administración pública
Concentración contra as tarifas da AP-9 | BNG
Concentración contra as tarifas da AP-9 | BNG

Ferrol en Común e BNG levarán ao pleno ordinario deste mes de novembro sendas mocións tras coñecerse a intención por parte da empresa AUDASA de incrementar en máis dun 9% as tarifas das peaxes da AP-9 a partir do 1 de xaneiro de 2023. Este incremento sumaríase aos xa realizados nos exercicios anteriores, que posicionaron á autoestrada galega coma unha das máis caras da Unión Europea, o que ten un impacto directo sobre as economías das familias galegas, pois a AP-9 é a vía principal de comunicación da comunidade, conectando a 5 das súas 7 principais cidades, isto é, ao redor do 70% da súa poboación.

O partido de Jorge Suárez recorda que o traxecto da AP-9 máis utilizado pola cidadanía ferrolá, polas relacións laborais, educativas, sanitarias, administrativas e de ocio que compartimos, é o tramo Ferrol-A Coruña, «un tramo que conta cun servizo de autocares nefasto que acumula denuncias día tras día pois non é adecuado nin suficiente e cun tren do século pasado que non é cubre as necesidades de transporte entre as dúas cidade». Coa nova subida, din desde Ferrol en Común «é un luxo viaxar dunha cidade a outra, pasando a custar 5,50 euros por traxecto, algo totalmente inasumible para a veciñanza que ten que desprazarse con regularidade e un prezo intolerable para os 50km que nos separan».

FeC levará a Pleno unha moción coa que instar ao Ministerio de Transporte a que tome medidas fronte a subida do 9,38% que ten previsto realizar AUDASA e traballe de cara a traspasar a xestión das autoestradas aos galegos e galegas converténdoas en 100% públicas e gratuítas. O mesmo fixo o Bloque Nacionalista Galego de Ferrol, que presentou unha moción similar que defenderá no vindeiro pleno municipal para que a corporación de Ferrol exprese o seu rexeitamento a suba das peaxes na AP-9 e a prol da mellora e do fomento do transporte público. Iván Rivas afirmou que «desde o BNG continuaremos a reivindicar a eliminación das peaxes e a transferencia da AP-9 á administración de cara a poder desenvolver unha xestión pública desta infraestrutura básica para o desenvolvemento económico e social desta cidade e desta comarca».

PUBLICIDAD
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.