Fisterra acolle esta fin de semana as Xornadas Micolóxicas na Fin do Mundo

O sábado haberá unha saída ó monte para recoller cogomelos e o domingo, unha exposición e unha degustación
Imaxe de arquivo das Xornadas Micolóxicas na Fin da Terra | CONCELLO DE FISTERRA
Imaxe de arquivo das Xornadas Micolóxicas na Fin da Terra | CONCELLO DE FISTERRA

Fisterra acolle esta fin de semana as VIII Xornadas Micolóxicas na Fin do Mundo, nas que haberá unha saída ó monte para recoller cogomelos, unha exposición na que se exhibirán tanto estes como traballos escolares e unha degustación

O sábado ás 10:00 horas será a quenda da saída ó monte, que partirá dende a planta baixa do Concello, ó carón do centro médico. Recomendase vestir roupa cómoda e preparada en caso de choiva e levar unha cesta e unha navalla.

Xa o domingo chegará a segunda xornada, nas que se poderá visitar de 16:00 a 20:00 horas unha exhibición cos cogomelos recollidos o día anterior, na que tamén haberá traballos feitos polo alumnado dos centros escolares de Fisterra e Sardiñeiro.

Cartaz das VIII Xornadas Micolóxicas na Fin da Terra | CONCELLO DE FISTERRA

A exhibición estará na planta alta do Mercado Municipal de Fisterra, onde a partir das 19:00 horas tamén haberá unha degustación de varios pratos nos que o cogomelo será o ingrediente principal. Estas xornadas micolóxicas están organizadas polo Concello de Fisterra e a Asociación Micolóxica Naturista Pan de Raposo.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.