Ferrol dedicará este ano o Día da Discapacidade ao deporte e saúde mental

A rapazada da nova Escola Inclusiva Uni2 do Baxi serán os protagonistas da cita
O equipo do Baxi Uni2 durante a súa presentación
O equipo do Baxi Uni2 durante a súa presentación

O Concello de Ferrol vai celebrar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade (3 de decembro) cunha xornada no pavillón de Esteiro o día 8 de decembro, de 12.15 horas a 13.30 horas, tal e como anunciou a concelleira de Benestar Social, Eva Martínez Montero, quen explicou que cada ano o Concello centra a conmemoración desta data nun ámbito distinto e este ano dedicarase ao deporte e saúde mental. Nesta liña, e tendo en conta a implicación e traballo desenvolvido polo Concello de Ferrol para o impulso e posta en marcha do proxecto da nova Escola Inclusiva Uni2 do Baxi Ferrol, de baloncesto inclusivo, a xornada do día 8 contará coa participación do Baxi e da súa nova escola.

“Será unha xornada de convivencia ao tempo que daremos a coñecer este novo proxecto”, indicou Martínez Montero. O evento estará aberto ás entidades sociais e á cidadanía en xeral e participarán as persoas que forman parte da Escola Inclusiva, xogadoras e técnicos do primeiro equipo do Baxi e unha representación de xogadores e adestradores dos equipos de base. O programa inclúe a entrega dun total de 70 camisetas de xogo por parte das xogadoras do primeiro equipo do Baxi aos membros da Escola Inclusiva e a continuación haberá unha exhibición dos exercicios de adestramento da Escola coa participación das xogadoras. Ás 13.15 horas haberá unha rolda de intervencións dos participantes e colaboradores e a clausura do acto.
Durante o acto, realizarase do pavillón de Esteiro un mural común e colaborativo sobre a conmemoración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Ademais, o día 10, durante o partido Baxi- Azkoitia Azpeitia IBS, presentarase na Malata a Escola Inclusiva Uni2, que lucirán as súas novas camisetas.
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.