A obra de teatral ‘La Odisea de Magallanes-Elcano’ chega ao Jofre este sábado

Será ás 20.30 horas e as entradas aínda están dispoñibles na billeteira do teatro ou na web municipal a 10 euros
odisea-kbvF-U180581562687i0D-1248x770@Ideal

A programación cultural deseñada polo Concello de Ferrol ata final de ano inclúe para este sábado, 10 de decembro, a obra ‘La Odisea de Magallanes-Elcano’, do Teatro Clásico de Sevilla. Será ás 20.30 horas no Teatro Jofre. As entradas, á venda por 10 euros, poden retirarse no despacho de billetes ou a través a web municipal da Axenda Cultural de Ferrol. A obra estreouse en maio de 2021 no Teatro Lope de Vega de Sevilla con todas as localidades esgotadas.

Trátase dun espectáculo que conmemora as figuras históricas de Magallanes e Juan Sebastián Elcano e a primeira circunnavegación da terra cando unha das súas naves, capitaneada por Juan Sebastián Elcano, regresou a España en 1522. A obra reflicte esta gran aventura de tres anos de duración en busca dun camiño descoñecido para chegar ás illas Molucas, cargada de arestas, confusións, intereses e tamén misterios.
A montaxe nace dos actos de celebración do V Centenario da primeira volta ao mundo. É un proxecto en colaboración coa Comisión Nacional do Ministerio de Cultura da Conmemoración do V Centenario da Primeira Volta ao Mundo (espectáculo incluído na programación oficial), a Junta de Andalucía, o Concello de Sevilla e o Teatro Lope de Vega. A produción conta con tres premios nacionais Garnacha 2021 —Mellor Espectáculo, Mellor Montaxe, Mellor Dirección—, o Premio Escenarios 2021 ao Mellor Actor para o elenco completo ( oito actores) e o Premio Lorca 2022 á Mellor Dirección e Escenografía.
PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.