Ares acollerá o próximo 18 de decembro unha nova edición do xa tradicional Festival de Panxoliñas que se produce por estas datas na Igrexa de San Xosé de Ares, ás 18:30 horas. O certame musical alcanza así a súa undécima organización mantendo o seu espírito de dinamización sociocultural, pero tamén enfatizando o valor da música e das obras corais da contorna aresán.
Por iso, o XI Festival de Panxoliñas será unha boa oportunidade para escoitar cancións populares da man de agrupacións públicas e privadas como o coro parroquial, a banda da A.C. Xábrega, a Rondalla de Trovadores de Ares, o grupo Son de Troula ou a escola de música Laura Morgade.
Publicidad
Publicidad