Cabanas aborda a represión sobre as mulleres tras o golpe de Estado do 36

Montse Fajardo, técnica de memoria histórica na Deputación de Pontevedra, ofrecerá unha conferencia o venres ás 18.30h
Montsefajardo

A área de igualdade do Concello de Cabanas organiza para este venres 16 de decembro, ás 18.30h no Salón de Plenos, un coloquio sobre “A represión contra as mulleres tras o golpe de Estado” a cargo da técnica de memoria Montse Fajardo, no marco das actividades conmemorativas do 25N, Día para a eliminación da violencia contra a muller.

A charla aborda a represión vivida na Galiza tras o golpe de Estado do 36, e nomeadamente a sufrida polas mulleres. Elas foron as grandes esquecidas, malia ter recibido en moitos casos a mesma represión ca os homes (asasinatos, cadea, exilio…), e noutros castigos de índole especialmente machista, como a rapa, a inxestión de aceite de rícino, a tatuaxe ou a violación.

No transcurso do coloquio falarase destas distintas tipoloxías de represión, con exemplos dalgunhas das galegas que as sufriron. Ademais, defenderase a necesidade de ampliar o termo vítimas “ás que quedaron: nais, orfas, viúvas e mulleres que ademais de quedar sen o ser querido perderon tamén o principal sustento do fogar. Ademais de tratar a represión, Montse Fajardo tamén falará de resistencia, e do papel das mulleres na supervivencia da guerrilla, fornecendo alimentos e roupas ás persoas fuxidas no monte ou aos presos.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.