Panxoliñas, elfos e paxes toman desde mañá as rúas de Ferrol

Os barrios da Magdalena, Ultramar, Canido e Catabois encheranse de ambientación e espectáculos de Nadal mañá e tarde
Comedy-Elves-1024x680

Aínda que a iluminación nas rúas de Ferrol xa transmite a sensación de atoparnos no Nadal, falta un elemento fundamental destas datas: as panxoliñas. Por iso, mañá, xoves 15, se vai poñer en marcha un programa de animación de rúas comerciais para o Nadal que se estenderá ata o vindeiro 5 de xaneiro. Durante eses 22 días, dez espectáculos rotarán por espazos da Magdalena, Ultramar, Canido e Catabois en diferentes horarios de mañá e de tarde.

O espectáculo “A maxia do Nadal” estará formado por un equipo de fadas patinadoras, magos que fan pompas xigantes de xabón e efectos de luz con fume de cores, irán acompañados dunha pequena carroza decorada con globos de helio e música. Unha tropa de elfas e elfos percorrerán as rúas cunha carroza ateigada de agasallos no espectáculo “Elfos con panxoliñas”.  Pola súa banda, os «Papás e Mamás Noel bailongos”, levarán ás rúas moita animación e coreografías, xogos de campás e bailes con bastóns de caramelo.

Non poden faltar os “Personaxes de Disney”. Brancaneves, Bela, o capitán Garfo ou Olaf serán algúns dos participantes no show. A eles unirase a “Tropa de elfos con Rudolf”, onde os personaxes proporán diferentes bailes e xogos de oficios dos elfos. Co pasarrúas «Fantasía do Nadal”, varios seres fantásticos evocarán o Nadal durante o seu paso polas rúas enchendo os espazos de cor. “A maxia do Fin de Ano” será unha actividade centrada en rituais e feitizos cos que despedir ben o ano e darlle a benvida ao seguinte para que se cumpran todos os desexos.

Animadores e animadoras con traxes rechamantes farán barullo quentando motores para a gran noite, con bailes e malabares co show «Fin de Ano máis cotillón”.  “Paxes reais e panxoliñas de Reis” será un dos pasarrúas máis esperados polo pequenos da casa. Os axudantes das súas Maxestades proporán divertidos retos mentres transportan a caixa do correo guiados por un bastón de mando que pode cambiar de mans.  E durante o espectáculo “A máxica noite de Reis” os paxes irán cargados de xoguetes e nubes nun carro con algún personaxe sorpresa.

Dependendo das condicións meteorolóxica, os pasarrúas poderán realizar algunhas paradas para ofrecer actividades para todos os públicos. Ademais, realizaranse sorteos de vales de 30 euros coincidindo con algunhas das animacións. Serán un total de 16 —catro en cada barrio—. Os premios poderán gastarse en establecementos de calquera das catro zonas comerciais.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.