CCOO convoca unha concentración na Coruña para esixir un pacto pola industria

O sindicato entregaralle á subdelegada do Goberno, María Rivas, as sinaturas recollidas para apoiar esta reivindicación
Arquivo - O secretario de Industria de CCOO de Galicia, Víctor Leda, durante unha movilización
Arquivo - O secretario de Industria de CCOO de Galicia, Víctor Leda, durante unha movilización
PUBLICIDAD

A Federación de Industria de CCOO de Galicia convoca unha concentración na Coruña para mañá xoves, 15 de decembro, ás 11 horas, coa intención de esixir un gran pacto pola industria a nivel estatal. Por esta razón, a protesta terá lugar diante da Delegación do Goberno en Galicia, situada na coruñesa praza de Ourense. CCOO-Industria informa de que esta acción reivindicativa terá lugar noutros puntos do Estado o mesmo día e apunta que é continuación da gran manifestación que tivo lugar en Madrid a mediados do verán.

O secretario xeral de CCOO-Industria, Víctor Ledo, atenderá os medios de comunicación ao comezo da concentración para expoñer a situación concreta que atravesa o sector industrial en Galicia. Así mesmo, o sindicato entregará as sinaturas que recolleu para esixir este pacto pola industria, que serán recollidas pola subdelegada do Goberno, María Rivas.

PUBLICIDAD
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.