O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol realizou unha visita ao interior do acuartelamento Sánchez Aguilera co fin de percorrer esta parcela e, sobre o terreo, tentar visualizar a proposta nacionalista que pasa por desvincular estes terreos do convenio con Defensa e así poder converter estas case 10 hectáreas hoxe abandonadas na maior zona verde urbana da cidade.
O BNG quere crear o grande pulmón verde da cidade con 90.000 metros cadrados. «Unha zona verde referencial na cidade de Ferrol e referencial no conxunto da comarca, unha zona verde dunha extensión de 10 campos de futbol no corazón da cidade para conectar o bario da Madalena, Canido, Santa Mariña e Catabois», explicou Iván Rivas.
O BNG pretende dar a coñecer a cidadanía a súa proposta e para iso organiza unha charla coloquio que terá lugar o vindeiro martes 20 de decembro às 19:30 horas no salón de actos do Ateneo Ferrolán.