O día de Noiteboa, coñecido tradicionalmente polas actividades e comidas familiares, Foz ofrece aos seus veciños unha actividade diferente: o Run Foz Run.
Nun circuíto urbano, haberá sitio para todas as categorías: pícaros -200m-, benxamín -600m-, alevín -1000m-, infantil -1800m-, cadete -1800m- e absoluta -5000m-. Tamén haberá paralelamente unha andaina de 6km. O Campo da Cabana será a saída de todas as probas, comezando ás 10:30 horas cos máis pequenos.
A concelleira de Xuventude e Deportes e o alcalde agradeceron á Run Foz Run e ao Club de Atletismo Ría de Foz o seu traballo ao longo de todo o ano e a gran organización dos eventos como o se deu a coñecer no día de onte.