O festival das escolas deportivas de Neda será este mércores no Roxal

O Concello abriu onte as inscricións nas xornadas Deporte en Nadal que celebrará a vindeira semana para nenos e nenas de 4 a 12 anos
51242946401_42c17e4290_k

O Concello de Neda organiza este mércores 21 de decembro o Festival de Nadal das escolas deportivas infantís do municipio. Unha cita que arrancará ás 16:30 horas na pista deportiva do Roxal, e na que tomarán parte os alumnos e alumnas das clases de baile moderno, patinaxe e tamén do grupo de fútbol do club local, a SD Rápido de Neda. Todos eles e elas amosarán ao público as súas habilidades e coñecementos adquiridos ao longo deste primeiro trimestre do curso. Ademais, entre unha e outra exhibición, sobre as 17:00 horas, celebrarase unha sesión e zumba para todos, na que poderán participar nenos e maiores que así o desexen. Na cita, colaboran a asociación de veciños e a SCD do Roxal e a SD Neda.

Ademáis, onte abriu o plazo de inscricións nas xornadas Deporte en Nadal que celebrará a vindeira semana para nenos e nenas de Neda de entre 4 e 12 anos. Dúas xornadas, o martes 27 e o xoves 29 de decembro, cargadas de actividades deportivas nas que os pequenos e pequenas poderán practicar diferentes disciplinas, e tamén participar nunha xincana navideña. A iniciativa desenvolverase no pavillón do CEIP San Isidro, en horario de 11:30 a 13:30 horas. A participación é gratuíta, pero con inscrición previa, chamando de luns a venres -ata o luns 26 incluído- ao teléfono da casa consistorial: 981 38 00 39.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.