Henrique Dacosta presenta en Valdoviño ‘O estraño caso da bicicleta amarela’

O acto será este xoves 22 de decembro na biblioteca municipal e dará comezo ás 19:00 horas
318139526_573548778112644_7301937124566951920_n_16x9

O profesor e escritor Henrique Dacosta presentará este xoves en Valdoviño a súa última obra: «O estraño caso da bicicleta amarela» (Belagua). Será a partir das 19:00 horas na Biblioteca Municipal, e ao remate do acto, o autor asinará exemplares do seu libro. Así mesmo, o dúo The Duellist acompañará ao escritor, ofrecendo un pequeno recital co que se poñerá o broche de ouro ao acto. 

A obra é unha selección de relatos e unha peza teatral, e toma o nome dun deses contos, baseado nun suceso real acontecido ao seu fillo. Unha lectura moi recomendable da que dará algunhas claves Dacosta en Valdoviño, e que pode converterse no mellor agasallo para este Nadal.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.