As obras que o goberno local de Pontedeume tiña en marcha para a ampliación das cunetas no camiño da Graña a Figueirido, na parroquia de Nogueirosa, xa están rematadas. O investimento dos traballos foi de 15.000 euros e a actuación consistiu “na limpeza das cunetas, a demolición das tajeas existentes e posteriormente o formigonado das cunetas”, explica o concelleiro de Obras de Pontedeume, Daniel Ríos.
As novas cunetas permiten que se poidan cruzar dous vehículos nun camiño de moita pendente e no que se viñan producindo accidentes porque o vial era moi estreito. Desde o ano 2015, o grupo de goberno local puxo en marcha un plan de mellora continua dos servizos e infraestruturas nas parroquias, entre elas a rede de estradas e camiños.

