Os lucenses contarán cunha aplicación para xestionar os Servicios Sociais municipais

Esta mañá adxudicábase a adquisión da aplicación, que terá un importe de 70.180 euros e deberá estar instalada nun prazo máximo de dez meses
Imagen de aquivo da edil de Benestar Social do Concello de Lugo, Olga López
Imagen de aquivo da edil de Benestar Social do Concello de Lugo, Olga López

O Concello de Lugo autorizaba hoxe, en Xunta de Goberno, a adxudicación á empresa Imatia Innovation S.L da implantación dunha plataforma de xestión integral que contribuirá a incrementar a eficacia dos Servizos Sociais municipais. A aplicación, que terá un custo de 70.180 euros contribuirá a facilitar o tratamento da información procedente das diferentes áreas municipais, propiciando a interoperabilidade entre departamentos e co resto de organismos públicos cos que a Administración local traballa en rede.

O novo sistema permitirá aunar os datos estratéxicos e dar soporte integral á Concellería de Benestar favorecendo a abordaxe e tramitación dos expedientes, o acceso e custodia da información e a conectividade cos sistemas informáticos doutros organismos, como pode ser o da RISGA ou o do Servizo de Atención á Dependencia da Xunta de Galicia.

Segundo sinalou a edil, o contrato terá un prazo de execución de 10 meses para a instalación das ferramentas dixitais e outro de 2 anos para o soporte e mantemento, que non poderá ser prorrogado. Olga López incidiu na utilidade da plataforma como “unha solución tecnolóxica que redundará especialmente na celeridade do labor municipal e que reverterá directamente nas relacións coa cidadanía e co resto de entidades, en tanto incrementará a dilixencia dos procedementos e a funcionalidade das prestación públicas”. A actuación enmárcase na estratexia DUSI Muramiñae, financiada ao 80% polos Fondos de Desenvolvemento Rexional -FEDER- da Unión Europea e ao 20% polo Concello de Lugo.

Publicidad
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.